Servizos
- Facilitamos información sobre a oferta de programas de lecer, tempo libre e formación que desenvolven para a mocidade as diferentes administracións.
- Ofrecemos apoio na busca de vivenda, na formación continua e na inserción laboral da mocidade de Ribadeo.
- Dámos información á mocidade en ámbitos como a sexualidade, as drogodependencias, a violencia de xénero, etc.
- Apoiamos a creación artística da mocidade ribadense.
- Favorecemos o coñecemento, a posta en valor e a difusión da historia, a memoria e o patrimonio de Ribadeo entre a mocidade.
- Apostamos pola sensibilización dos mozos e mozas na igualdade de xénero, na sostibilidade medioambiental e na diversidade cultural e lingüística.
- Prestamos apoio aos estudantes universitarios de Ribadeo.
- Xeramos, xunto con outros colectivos, alternativas de lecer e de ocio para a xente nova.
- Potenciamos a práctica deportiva xuvenil en Ribadeo.
- Orientamos a vontade de cooperación solidaria da xente nova cara as necesidades concretas que existen no noso Concello.
- Creamos novas fórmulas de mediación para detectar os desexos, as necesidades e os problemas da mocidade de Ribadeo.
- Impulsamos canles de interlocución e participación da mocidade en relación aos servizos e políticas do Concello.