ORIENTA RIBADEO
A actividade terá lugar o domingo 26 de setembro ás 11:00 horas da mañá, con punto de inicio e final no auditorio de Cabanela
A QUEN VAI DIRIXIDA
A actividade está aberta ao público xeral e pensada principalmente para familias con nen@s, con distancias a percorrer que rondan os 5-6km e un mapa de fácil interpretación. A proba ten unha duración de 2,5 horas, e cada equipo decide en todo momento qué puntos visita e cómo se despraza (andando ou correndo). Ademáis, non é obrigatorio a consecución de todas as balizas.
INSCRICIÓNS OMIX- CASA DA XUVENTUDE
A inscrición á actividade comeza o 9 de setembro e remata o 22 de setembro ás 14:00 H-. ata completar o cupa máximo (150 persoas).
A inscrición na proba pode facerse presencialmente o por correo electrónico omix@ribadeo.org e será por rigurosa orde de inscrición, onde se facilitará a seguinte información.
-Nome de equipo
-Categoría (Xovenes castores ou Explorers)
-Número de teléfono de contacto
-Nome completo, DNI e data de nacemento dos integrantes do equipo.
A actividade é de balde e inclúe
- Material necesario para o desenvolvemento da actividade.
- Seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes.
- Para @s menores de 12 anos, un tubo portaobxectos e regalos individuais en cada baliza ou punto de control.
- Avituallamento líquido e sólido ao finalizar a proba
Os equipos deberán ter un mínimo de dous integrantes até un máximo de cinco, e se establecerán dúas categorías:
- CATEGORÍA PEQUEN@S CASTORES: Equipos onde, a lo menos, un dos integrantes sexa menor de 12
- CATEGORÍA EXPLORERS: Equipos onde tod@s @s integrantes do equipo sexan maiores de 12
Considerase formalizada a inscrición dun equipo cando se cubre a ficha de inscrición facilitada polo concello con todos os campos necesarios: nome de equipo/ nomes, DNI e data de nacemento dos membros do equipo / email e teléfono de contacto
A ACTIVIDADE
Consiste nunha proba por equipos que combina orientación con mapa e diferentes probas denominadas “especiais”. Os/as participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable, intentando localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversas probas, que poden ser físicas ou de coñecemento. Ás portas da celebración dos Xogos Olímpicos, a temática esta relacionada con elos.
O tempo máximo para realizar a proba é de dúas horas e media, e os equipos deberán acadar o maior número de puntos posibles. Todo tempo que exceda ao establecido pola organización será penalizado con puntos. Existe a posibilidade de rematar a proba en menos tempo de establecido, no caso completar todos os puntos ou non querer continuar coa actividade.
Os equipos deciden libremente a orde de búsqueda e o ritmo a seguir (andando ou correndo), non sendo obrigatorio o paso por todos eles.
Cun alto componente estratéxico, a toma de decisións e o traballo en equipo son claves para completar a proba con éxito.
Cada equipo participante contará co seguinte material facilitado pola organización:
1.- MAPA, que contén toda a información necesaria para progresar polo terreo. Sendo unha proba pensada para nen@s e onde sexan @s protagonistas, o mapa deseñado para a ocasión consistirá nunha fotografía aérea de fácil lectura.
2.- FOLLA DE DESCRICIÓN DE BALIZAS: Contén información relevante sobre cantos puntos vale cada baliza, unha pequena descrición de onde están, e qué probas de coñecemento hai en cada un dos puntos de control establecidos.
3.- TRÍPTICO: documentación necesaria para que cada equipo poida apuntar as respostas de cada unha das probas de coñecemento que realice, así como marcar o paso polos puntos de control ou balizas.
4.- BOLÍGRAFO
5.- TUBO PORTAOBXECTOS: Todos os nenos e nenas menores de 12 anos recibirán un tubo portaobxectos onde poder gardar cada unha das sorpresas que atoparán en cada baliza. Desta maneira, ao longo do percorrido, irán facéndose cun “tesouro”.
MATERIAL NECESARIO
Cada un dos equipos deberá levar polo menos un teléfono móvil, por si fose necesaria nalgún momento comunicación coa organización da proba.
Ademáis, recoméndase calzado e roupa cómoda para andar e/ou correr.
FICHA INSCRICIÓN