O grupo O Tren de Moebius presenta este sábado, 7 de xullo, ás 21.15, na praia das Illas o seu espectáculo Ardora, unha mestura de danza piano e poesía escenificada á beira do mar coincidindo coa marea baixa. O Tren de Moebius está formado por Martín Bucki (piano), María Justo (danza) e Víctor Villar (poesía.)
Esta actividade está organizada polo colectivo Sonda Norte coa colaboración do Concello de Ribadeo.