En Ribadeo, sendo as 9:00 horas do día 23 de maio de 2018 en acto público na Casa do Concello reunidos Dona Verónica Fernández Pérez, técnica da OMIX, e asistindo como Secretario do acto Don José Rodil Veiga, procédese ao sorteo público, que foi anunciado regulamentariamente, para a extracción da letra coa que se adxudicarán as prazas para as Colonias de Verán organizadas por este Concello,
Mediante este sorteo, cubriranse as prazas nas distintas actividades e así mesmo dará lugar a unha listaxe de espera para cada grupo.
As letras extraídas son:
- 1º semana: N
- 2º semana: J
- 3º semana: G
- 4º semana: U
O pago para as distintas atividades será do 28 de maio ao 8 de xuño na entidade Bancaria CAIXA RURAL RIBADEO.
No papel de pago deberá aclarar o nome da actividade e as semanas correspondentes.
O xustificante de pago deberá presentarse (dentro do prazo establecido) na oficina OMIX
No caso de non presentar este documento no citado prazo, entenderase que renuncia á praza concedida, que será ocupada polo/a correspondente suplente.
Listaxes de admitid@s e reservas:
Colonias de infantil
Colonias de 1º 2º primaria
Colonias de 3º,4º 5º e 6º primaria