II ORIENTA RIBADEO

publicado en: Actividades, Deportes, Mocidade, Noticias | 0

1  DATA E LUGAR

A actividade terá lugar o domingo 25 de setembro ás 11:00 horas da mañá, con punto de inicio e final no auditorio de Cabanela.

2 A QUEN VAI DIRIXIDA

A actividade está aberta ao público xeral e pensada tamén  para familias con nen@s, con distancias a percorrer que rondan os 5-6km e un mapa de fácil interpretación. A proba ten unha duración de 2,5 horas, e cada equipo decide en todo momento qué puntos visita e cómo se despraza (andando ou correndo). Ademáis, non é obrigatorio a consecución de todas as balizas.

3  INSCRICIÓNS

Na Casa da xuventude ,do 12 ao 21 de setembro ou ata completar prazas

A actividade é de balde e inclúe:

  • Material necesario para o desenvolvemento da actividade.
  • Seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes
  • Para @s menores de 12 anos, un tubo portaobxectos e regalos individuais en cada baliza ou punto de
  • Avituallamento líquido e sólido ao finalizar a proba

Os equipos deberán ter un mínimo de dous integrantes até un máximo de cinco, e se establecerán dúas categorías:

  • CATEGORÍA PEQUEN@S CASTORES: Equipos onde, a lo menos, un dos integrantes sexa menor de 12
  • CATEGORÍA EXPLORERS: Equipos onde tod@s @s integrantes do equipo sexan maiores de 12

Considerase formalizada a inscrición dun equipo cando se cubre a ficha de inscrición facilitada polo concello con todos os campos necesarios: nome de equipo/ nomes, DNI e data de nacemento dos membros do equipo / email e teléfono de contacto.

4    A ACTIVIDADE

Consiste nunha proba por equipos que combina orientación con mapa e diferentes probas denominadas “especiais”. Os/as participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable, intentando localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversas probas, que poden ser físicas ou de coñecemento..

O tempo máximo para realizar a proba é de dúas horas e media, e os equipos deberán acadar o maior número de puntos posibles. Todo tempo que exceda ao establecido pola organización será penalizado con puntos. Existe a posibilidade de rematar a proba en menos tempo de establecido, no caso completar todos os puntos ou non querer continuar coa actividade.

Os equipos deciden libremente a orde de búsqueda e o ritmo a seguir (andando ou correndo), non sendo obrigatorio o paso por todos eles.

Cun alto componente estratéxico, a toma de decisións e o traballo en equipo son claves para completar a proba con éxito.

 

Cada equipo participante contará co seguinte material facilitado pola organización:

1.- MAPA, que contén toda a información necesaria para progresar polo terreo. Sendo unha proba pensada para nen@s e onde sexan @s protagonistas, o mapa deseñado para a ocasión consistirá nunha fotografía aérea de fácil lectura.

2.- FOLLA DE DESCRICIÓN DE BALIZAS: Contén información relevante sobre cantos puntos vale cada baliza, unha pequena descrición de onde están, e qué probas de coñecemento hai en cada un dos puntos de control establecidos.

3.- TRÍPTICO: documentación necesaria para que cada equipo poida apuntar as respostas de cada unha das probas de coñecemento que realice, así como marcar o paso polos puntos de control ou balizas.

4.- BOLÍGRAFO

5 MATERIAL NECESARIO

Cada un dos equipos deberá levar polo menos un teléfono móvil, por si fose necesaria nalgún momento comunicación coa organización da proba

Ademáis, recoméndase calzado e roupa cómoda para andar e/ou correr.

ficha inscrición

FICHA DE INSCRICIÓN

 

Compárteo!