ESCAPE ROOM» NOITE MEIGA»

publicado en: Actividades, Mocidade | 0

PROBA DE ESPAMISMO E ORIENTACIÓN URBANA

13 de maio ás 20:30 h

Proba apta para tódolos públicos a partir de 11 anos.

Punto de encontro: Praza de España de Ribadeo.

Duración da actividade: 2 horas

Equipos: formados por 4-6 integrantes.

Todo o material necesario para o desenvolvemento da proba é suministrado pola organización.

Recoméndase vir con roupa e calzado cómodo.

.

INSCRICIÓNS OMIX- CASA DA XUVENTUDE

A inscrición á actividade comeza o 2 de maio e remata o 11 de maio  ás 14:00 H ou  ata completar as prazas

A inscrición na proba pode facerse presencialmente o por correo electrónico omix@ribadeo.org e será por rigurosa orde de inscrición.

FICHA INSCRICIÓN

 

A actividade é de balde

Os equipos deberán ter un mínimo de 4 Integrantes até un máximo de 6

A ACTIVIDADE CONSISTE

1º  CHARLA TÉCNICA (20 minutos)

Explicaremos a dinámica da actividade, as regras da mesma, así como a resolución das posibles dúbidas que poidan xurdir nos participantes. Unha vez repartido o material para cada equipo, comezará a proba, saíndo todos os equipos ao mesmo tempo.

 

2º  A BÚSQUEDA (30 minutos)

En primeiro lugar os equipos deberán localizar, coa axuda dun mapa, sete puntos de control distribuídos polo casco  da cidade. No seu itinerario deberán conseguir certa información que será vital para a seguinte parte da proba. Acabar o antes posible otorgará aos equipos máis tempo para  a seguinte fase.

 

3º  ESCAPE ROOM  (1 hora)

Os equipos enfróntanse a unha proba sonora grupal na Praza de España de Ribadeo. Cada equipo contará con numeroso material gráfico en forma de debuxos, imaxes, palabras, números… xunto a eles, unha gravación deseñada para a ocasión acompañaraos en todo momento, e será a clave para resolver a proba, apoiándose nas pistas que conseguiron na fase anterior. O obxectivo final é conseguir a combinación numérica coa cal abrir a caixa forte, e o código de 6 letras para abrir o críptex que se atopa no seu interior .

Compárteo!