Do 17 ao 29 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre.
O curso terá una duración de 350 horas (200 horas lectivas + 150 horas de prácticas). A parte teórica impartirase durante os sábados e domingos. En horario de 9:00 a 14:00 e 15:00 a 20:00 h.
O curso comezará o 3 de decembro.
Datas do curso :
Decembro 2022: 3, 4, 10, 11, 17, 18.
Xaneiro 2023: 14, 15, 21, 22, 28, 29.
Para acadar o título de Monitor/a de tempo libre é obrigatorio asistir ao curso podendo faltar como máximo o 20% das horas.
O número de prazas é de 25. Para que o curso se leve a cabo será necesario cubrir un mínimo de 15 prazas.As prazas cubriranse por orde de inscrición.
PARTICIPACIÓN
O curso está destinado a rapaces e rapazas maiores de idade.
Será obrigatorio:
Estar en posesión de, polo menos, algún dos seguintes títulos:
Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar ou equivalente.
Técnico/a auxiliar en formación profesional ou outro equivalente.
INSCRICIÓN DAS PERSOAS INTERESADAS.
Recorda que, para formalizar a inscrición, deberás PRESENTAR: unha fotocopia do D.N.I., da cartilla da seguridade social, do xustificante de pago, unha foto reciente, xustificante de estudos académicos e a ficha de inscrición
As solicitudes será entregadas, na Casa da Xuventude sita na Rúa Antonio Otero,15.
PREZO :150€
Para máis información en relación coa actividade, os interesados poden chamar ó teléfono 982129889 ou dirixirse á Casa da Xuventude (Rúa Antonio Otero,15 Ribadeo).