Do 16 ao 30 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre.
O curso terá una duración de 350 horas (200 horas lectivas + 150 horas de prácticas). A parte teórica impartirase durante os sábados e domingos. En horario de 9:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00 h.
O curso comezará o 16 de novembro
Datas do curso : 16, 17, 23, 24, 30 de novembro .1, 14, 15, 21 e 22 de decembro. 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de xaneiro. 1, 2, 8, 9 de febreiro.
Para acadar o título de Monitor/a de tempo libre é obrigatorio asistir ao curso podendo faltar como máximo o 20% das horas.
O número de prazas é de 25. Para que o curso se leve a cabo será necesario cubrir un mínimo de 15 prazas.
PARTICIPACIÓN
O curso está destinado a rapaces e rapazas maiores de idade. Será obrigatorio:
Estar en posesión de, polo menos, algún dos seguintes títulos:
Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar ou equivalente.
Técnico/a auxiliar en formación profesional ou outro equivalente.
INSCRICIÓN DAS PERSOAS INTERESADAS.
A solicitude para inscribirse no Curso de Monitor/a de actividades de Tempo libre deberá cubrir a ficha de inscrición, unha fotocopia do D.N.I. , copia da titulación mínima, e unha fotografía en cor tamaño carné (ou fotocopia en cor).
As solicitudes será entregadas, na Casa da Xuventude sita na Rúa Antonio Otero,15.
CRITERIOS DE SELECCIÓN
Se o número de solicitudes é maior que o número de prazas realizarse un sorteo que terá lugar o día 4 de novembro ás 10:00 H. na OMIX.
PREZO E INSCRICIÓN.
150€ que cada participante ingresará na conta que o Concello ten na entidade:
Caixa Rural ES12 3070/0022/13/1138190028.
Facendo constar Nome, Apelidos do/a participante e Curso de Monitor/a de actividades de Tempo libre.
PAGO DA INSCRICIÓN
As persoas que teñan a praza confirmada deberán facer efectivo o pago da inscrición, nos CINCO DÍAS seguintes laborables á publicación da Resolución da listaxe de admitidos.
O xustificante de pago presentarase, dentro do prazo marcado, nas oficinas DA CASA DA XUVENTUDE.
Para máis información en relación coa actividade, os interesados poden chamar ó teléfono 982129889 ou dirixirse á Casa da Xuventude (Rúa Antonio Otero,15 Ribadeo).