Que é

A Casa da Xuventude é un espazo para estar a gusto, un espazo no que nacen ideas cara fóra dela mesma e un espazo no que pasan cousas interesantes.

A Casa da Xuventude diríxese a rapaces e rapazas de máis de 12 anos e ao conxunto da mocidade. Ao tempo integra dentro dela a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) que ademais de á mocidade atende tamén ao deseño e desenvolvemento de actividades para a infancia.

Que hai nela?

OMIX. Servizo de información á mocidade: Na Casa da Xuventude están os despachos da Oficina Municipal de Información Xuvenil. Aquí podes xestionar o Carné Xove, o bonobús para estudantes, as actividades infantís…

Delegación de DeportesNa Casa da Xuventude atópanse os despachos da delegación de Deportes do Concello de Ribadeo. Aquí podes realizar xestións relativas ás Escolas Deportivas Municipais, horarios dos pavillóns, actividades deportivas de verán…

Sala Sonda Norte: é o espazo de referencia da iniciativa Sonda Norte, e nela desenvólvense actividades diversas vinculadas á mesma. Ao tempo, é un espazo aberto a toda a mocidade que ofrece:

  • acceso gratuíto a internet (wifi).
  • escoita musical (reprodutor de vinilos e cd’s con auriculares).
  • lectura de revistas, cómics, libros ou xornais.
  • visionado de películas (TV con DVD).
  • xogos electrónicos (Playstation) e xogos de mesa.
  • zona bookcrossing.
  • outras iniciativas varias: pregunta por elas!
Sala Sonda Norte
Sala Sonda Norte

Aula CEMIT do Concello de Ribadeo: Ofrece 16 ordenadores para as persoas usuarias da mesma, que se poden solicitar gratuitamente e usar. Ademais desenvolve cursos e actividades diversas ao longo de todo o ano. Conta tamén co apoio e asesoramento do Axente TIC.

Aula CeMIT
Aula CeMIT

Que fai?

A Casa da Xuventude acolle actividades e iniciativas ben diferentes e ben interesantes. Exposicións, obradoiros, actividades de lecer, información para viaxes, axudas para @s universitari@s, música, talleres, xuntanzas, debates, … Ti xa as coñeces todas?