A Concellería de Mocidade, a través da OMIX presentan un ano máis a Campaña de Actividades de Verán
Desde A concellaria de Mocidade entendemos e apostamos polas actividades de Ocio e Tempo libre como estratexias educativas que proporcionan a quen participa un ámbito educativo e lúdico, onde se traballan aspectos como o coñecemento, a convivencia, o traballo en equipo o desenvolvemento físico e emocional.
O Ocio e o tempo libre son conceptos asociados á idea de pracer e disfrute. Porén estas actividades asociadas a entornos de socialización e de relación, e organizadas e coordinadas por monitorado formado e preparado, tamén son espazos onde poñer en práctica tarefas de corresponsabilidade, onde fomentar o empoderamento da mocidade e favorecer unhas relacións igualitarias e non sexistas.
COLONIAS DE VERÁN
Solicitude de prazas: do 6 ao 15 de maio.
Sorteo de prazas: 29 de maio.
Prazo para presentar o xustificante de pago: 3 ao 14 xuño.
NENOS E NENAS DE INFANTIL.
- Duración: 4 semanas do 1 ao 26 de xullo
- HORARIO: 10:00 A 13:30 (programa madrugador de 9:00 a 14:00 h.)
- Lugar: Colexio Gregorio Sanz
- Máximo de nen@s por semana: 40
- Cota 30 € /semana.
Documentación a presentar: solicitude colonias, cuestionario saúde, autorización imaxes
NENOS e NENAS DE 1º E 2º CURSO DE PRIMARIA
- Duración: 4 semanas do 1 ao 26 de xullo
- Horario: de 10:00 a 13:30 (programa madrugador de 9:00 a 14:00 h.)
- Lugar: Colexio Gregorio Sanz.
- Máximo de nen@s por semana: 30
- Cota : 30 €/semana
Documentación a presentar: solicitude colonias, cuestionario saúde, autorización imaxes, declaración responsable, fotocopia DNI e fotocopia de tarxeta sanitaria
NENOS e NENAS DE 3,4º,5º e 6º CURSO DE PRIMARIA.
- Duración: 4 semanas do 1 de xullo ao 26 de xullo
- Horario: de 10:00 a 13:30 (programa madrugador de 9:00 a 14:00 h,)
- Lugar: Colexio Gregorio Sanz.
- Máximo de nen@s por semana: 40
- Cota : 30 €/semana
Documentación a presentar: solicitude colonias, cuestionario saúde, autorización imaxes, declaración responsable, fotocopia DNI e fotocopia de tarxeta sanitaria
OBRADOIRO CAMIÑO VERDE: CAMIÑO DO RECICLAXE
Realización dun tramo do camiño recollendo elementos que atopemos para o finalizar a ruta realizar un obradoiro de reciclaxe.
Creación dun espazo/xardin con material reciclado na ára recreativa de Vilela
- Data: 25 de xuño de 10:00 a 12:30
- Participantes: nenos e nenas de 6 a 12 anos.
- Prazas limitadas
- Saida bus: 9:30 Escola de Música
OBRADOIRO CAMIÑO VERDE: BOTÁNICOS POR UN DÍA
Ruta dun tramo do camiño e creación dun espazo botánico de árbores frutais na carballeira de Vilela( plantación de árbores e elaboración de bombas de semilas)
- Data: 27 de xuño de 9:30 a 12:30
- Participantes: nenos e nenas de 6 a 12 anos.
- Prazas limitadas.
- Saída bus: 9:30 Escola de Música.
OBRADOIRO PULSEIRAS DE MACRAMÉ
- Datas:8 ao 12 de xullo na Casa da Xuventude.
- Participantes: nenas en nenos a partir de 12 anos.
- Horario: 11:00 a 12.30 h
- Prazas limitadas por orde de inscrición.
PINTAMOS
Apoderamento feminista para mozas
- Datas: do 15 ao 19 de xullo.
- Participantes: Nenas a partir de 12 anos.
- Prazas limitadas por orde de inscrición.
- Obradoiros: Análise critica do sistema patriarcal (que son os estereotipos e os roles de xénero, concepto de violencias machistas, ferramentas de cambio..) luns,martes e mércores de 11.00 a 13:00 H.
- Obradoiro Elaboración dun mural na rúa.
- Xoves e venres 10:00 a 18:00 H
LABORATORIO AUDIOVISUAL 29 DE XULLO AO 2 DE AGOSTO
Horario: luns, martes, mércores e xoves de 9.00 a 14.00 e o venres de 9.00 a 18.00 horas no C.E.I.P. Gregorio sanz
- Participantes: nenos e nenas a partir de 12 anos
- Prazas limitadas por orde de inscrición( teñen preferencia os rapeces e rapazas a partir de 14 anos.)
Os rapaces e rapazas crearán a súa propia animación de vídeo utilizando a técnica do Stop Motion. Durante toda a semana os rapaces e rapazas por grupos, construirán os seus personaxes, o set de grabación e os distintos elementos que necesiten para crear o seu vídeo.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS PRESENCIAIS: OMIX Casa da Xuventude .
En todas as actividades terán preferencia os nenos e nenas empadroados ou escolarizados en Ribadeo.
Podedes descargar os impresos nos seguintes enlaces:
Solicitude colonias.pdfSolicitude actividades.pdf
Cuestionario de saúde.pdf
Autorización imaxes.pdf
Declaración responsable.pdf