Atopámonos preto das vacacións de Nadal. Un Nadal máis singular que nunca debido a situación actual da pandemia Covid19, Desde a Concelleria de Mocidade propoñemos para este Nadal teatro, circo e una serie de obradoiros en colaboración cos centros de ocio Infantil do noso Concello: Con sentidiño, Chiquitrén e Dubidú que están sufrindo graves limitacións e que os converte en un dos sectores máis perxudicados desde o comezo da crise.
Debido ás circunstancias presentes,COVID-19, e aos protocolos de seguridade sanitaria, estamos na obriga de adaptar as actividades ás novas circunstancias e primando sempre a seguridade. Por todo isto lembramos o protocolo hixénico-sanitario dos centros de ocio.
Faranse 8 obradoiros dirixidos a nenos e nenas a partir de 4 anos.
Realizaranse en grupos de 10 nenos e nenas en poderán escoller o horario 11:00 h. a 12:30 h. ou de 17:00 h. a 18:30 h.
Os obradoiros serán gratuitos, teñen un duración de 1 h. e 30 min. e son os seguintes:
- 23 de decembro: Cociña navideña.
- 24 de decembro: O calcetín de Papa Noel.
- 28 de decembro: Experimentamos coa neve.
- 29 de decembro: Facemos instrumentos para panxoliñas.
- 30 de decembro: Boneco de neve.
- 31 de decembro: O apalpador.
- 4 de xaneiro: Adornos navideños.
- 5 de xaneiro: Cociña navideña
INSCRICIÓNS DO 9 AO 18 DE DECEMBRO
- Presencial: Nas oficinas da OMIX (Casa da Xuventude).
- Telemática: Enviando a solicitude, debidamente cumprimentada e asinada, ao enderezo electrónico omix@ribadeo.org.
Podedes descargar a solicitude na seguinte ligazón:
SOLICITUDE INSCRICIÓN