A Concellaria de Igualdade, Ensino e Mocidade presenta as Actividades de Verán 2022
“UN VERÁN DE HISTORIA” Colonias de verán
Vivirán aventuras para descubrir os tesouros do Concello. Cada semana XELA 2.0 será a nosa máquina do tempo que nos guiará nas aventuras de cada día .
1º semana “O Diademo de Ribadeo”
2º semana” A Vilavella Medieval”
3º semana “Os segredos de Porcillán”
4º semana “Os enigmas da torre dos Moreno”
Participantes: Grupo I Nenos e nenas de Infantil . 30 €/ semana
Grupo II Nenos e nenas de 1º,2º e 3º primaria 35 € /semana
Grupo III Nenos e nenas de 4º,5º e 6º de primaria 40€ /semana
Datas: do 4 ao 29 de xullo.
Lugar de celebración: C.E.I.P. Gregorio Sanz. De 10:00 a 14:00 H de luns a venres.
Lugar de inscrición: do 14 ao 20 de xuño na Omix .Casa da Xuventude
As inscricións faranse de maneira presencial. As prazas cubriranse por orde de inscrición. Poderás anotarte como máximo a dúas semanas e quedar en reservar nas outras.
Non se reservan prazas por teléfono.
Todos os grupos terán unha saída semanal e o grupo III
( 4º,5º e 6º de primaria) poderán disfrutar tamén dunha pernocta con velada. Farase o xoves de cada semana.
Tod@s os participantes poderán disfrutar da festa final con hinchables, tobogán deslizador acuático, festa da espuma, karaoke, paintball.
RIBADEO COA MOCIDADE . Obradoiros e dinámicas para a adolescencia. Espazo de intercambio no que poder achegarnos ás inquedanzas da xuventude.
Dinámicas de grupo ,obradoiros, Escape Room, saida a “A coruña “Humor Amarillo oficial”, Pernocta con velada.
Participantes: mocidade a partir de 12 anos . PREZO: 30€
Lugar de celebración. C.E.I.P. Gregorio Sanz.
Datas e Horario: 11 ao 15 de xullo de 10:00 a 14:00 H.
Lugar de inscrición: do 14 ao 20 de xuño na Omix, Casa da Xuventude
SEMANA TECNOLÓXICA. Montaxe de mecanismos e robots, dinámicas gamificadas con robots, programación e diseño de videoxogos, creación de videos con técnicas de croma e stopmotion, realización de gravacions con drons.
Participantes: nen@s de 9 a 12 anos. Prezo: 30€
Lugar de celebración. C.E.I.P. Gregorio Sanz.
Datas e Horario: do 1 ao 5 de agosto de 10:00 a 14:00 H.
Lugar de inscrición: do 14 ao 20 de xuño na Omix, Casa da Xuventude,
II Orienta Ribadeo.
Data de celebración: 25 de setembro ás 11:00 horas da mañá.
A actividade está aberta ao público xeral e tamén pensada para familias con nen@s,
Consiste nunha proba por equipos que combina orientación con mapa e diferentes probas denominadas “especiais”. Os/as participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable, intentando localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversas probas, que poden ser físicas ou de coñecemento.
Prazo e lugar de inscrición: do 12 ao 16 de setembro na Omix, Casa da Xuventude,
ANEXO INSCRICIÓNANEXO CUESTIONARIO MÉDICO
Información e inscricións na casa da xuventude-OMIX
Antonio Otero, 15 Ribadeo .982129889