ACTIVIDADES DE VERÁN 2021

publicado en: Actividades, Mocidade | 0

A Concelleria de Igualdade, Ensino e  Mocidade, a través da OMIX presentan as Actividades de Verán 2021 cun programa de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre.

Desde A concellaria de Mocidade   especificamos que este verán manterase o protocolo sanitario específico elaborado pola Xunta de Galicia.

Entendemos  e apostamos polas actividades de Ocio e Tempo libre como estratexias educativas que proporcionan a quen participa un ámbito educativo e lúdico, onde se traballan  aspectos como o coñecemento, a convivencia, o traballo en equipo o desenvolvemento físico e emocional.

O Ocio e o tempo libre son conceptos asociados á idea de pracer e disfrute. Porén estas actividades  asociadas a entornos de socialización e de relación, e organizadas e coordinadas por monitorado formado e preparado, tamén son espazos onde poñer en práctica tarefas de corresponsabilidade, onde fomentar o empoderamento da mocidade e favorecer unhas relacións  igualitarias e non sexistas.

 

  • Vacacións Activas. Programa de conciliación lúdica (xogos, obradoiros,saídas..)

Participantes: Para nenos e nenas nad@s a partir do 2016

Datas e horario: de 10:00 a 14:00 H. programa Madrugador de 9:00 a 10:00H

            1ª semana do 5 ao 9 de xullo.

             2º semana do 12 ao 16 de xullo

             3º semana do 19 ao 23 de xullo.

             4º semana do 26 ao 30 de xullo.

 Prazo e lugar de inscrición: 7 ao  15 de xuño  presencial na Omix.

As prazas cubriranse por orde de inscrición. Non se reservan prazas por teléfono.

As/os solicitantes poderán escoller soamente unha semana.

Para as prazas vacantes abrirase un novo prazo  a partir do día 17 de xuño .

 

  • Ribadeo Mocidade Urbana Semana cultura urbana : skate, parkour, graffiti, rap , obradoiro musical Dj, estampación de camisetas e gorras stencil, slackline e skimboard waterslide

Participantes: Mocidade a  partir de 12 anos

Datas e Horario: 19 ao 23 de xullo. 10.00 a 14:00 H

Prazo e lugar de inscrición: na Omix, Casa da Xuventude, a partir do 7 de xuño ata cubrir prazas

As prazas cubriranse por orde de inscrición.

Non se reservan prazas por teléfono.

  • Conectividade en Ribadeo! . Obradoiros e dinámicas para a adolescencia. Espazo de intercambio no que poder achegarnos ás inquedanzas da xuventude.

I-ffotoeduca: fotogafía,sexualidade e diversidade

Música que non falte co taller de Rap.

Un pouco de teatro dxs Oprimidxs

e  para finalizar vivir unha experiencia de Escape Room!

Participantes: mocidade a partir de 12 anos

Datas e Horario: 12 ao 16 de xullo de 11:00 a 14:00 H.

Prazo e lugar de inscrición: na Omix, Casa da Xuventude, a partir do 7 de xuño ata cubrir prazas

 

NFORMACIÓN E  INSCRICIÓNS PRESENCIAIS: OMIX Casa da Xuventude .

Antonio Otero 982129889

En todas as actividades terán preferencia os nenos e nenas empadroados ou escolarizados en Ribadeo.

Podedes descargar os impresos nos seguintes enlaces:

Anexo inscrición

 

Anexo Cuestionario médico

 

 

 

I

Compárteo!