• Xogos, campamentos urbáns e torneos deportivos no “Ribadeo mozo”

    O vindeiro 2 de xullo darán comezo boa parte das actividades que organizan a Concellaría de Mocidade e a OMIX para @s nen@s e moz@s de Ribadeo durante o verán. No “Ribadeo mozo” haberá dous campamentos urbáns, torneo 3 x 3 de fútbol e baloncesto e tamén xogos para os máis pequenos.

    Crea Ribadeo para nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos. Trátase de actividades de psicomotrocidade deseñadas específicamente para esta franxa de idade a través de xogos de contido físico e sensorial que potencien as súas habilidades musicais e a súa capacidade expresiva a través da dramatización. Crea Ribadeo  desenvolveráse no colexio Gregorio Sanz do 2 ao 27 de xullo en horario de 10:30 a 13:30 horas. A inscrición pode facerse na OMIX, ubicada na Casa da Xuventude. A cota semanal será de 20 euros.

    Alén desta actividade tamén se organizan dous campamentos urbáns para este verán. O denominado Culturas do mundo está destinado para nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.O fío condutor deste campamento será a educación na solidariedade e a cooperación con pobos en vías de desenvolvemento. Será do 2 ao 13 de xullo en horario de 9:30 horas a 14 horas de luns a venres, agás os mércores que se fará xornada ininterrompida de 9:30 a 19:30 horas. A cota para participar neste campamento urbán é de 50 euros. Terá por escenario o colexio Gregorio Sanz e a inscrición pode facerse na OMIX.

    Ribadeo e a arqueoloxía é o nome do segundo campamento urbán para nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos. Desenvolveráse en xornada completa no colexio Gregorio Sanz do 16 ao 27 de xullo. Ofértanse neste caso 70 prazas e a cota é de 120 euros. Neste programa converterémonos en Indiana Jones por uns días e coñeceremos como vivían os nosos antergos desde a prehistoria. Construiremos un castro (recreando o de Vilaselán ou A Devesa) e unha mámoa (como as do Mondigo) e a través de xogos de pistas e de orientación descubriremos os obxectos que compoñen os xacementos arqueolóxicos que garden este castro e esta mámoa.

    En todas estas actividades terán preferencias os nenos e nenas empadroados ou escolarizados en Ribadeo. E os nenos e nenas nados entre os anos 1998 e 2005 disfrutarán do 2 ao 13 de xullo de torneos 3 x 3 de fútbol e baloncesto de 10:30 a 13:30 horas na praza de España. Para estas actividades non fai falla inscribirse.

     

    Compárteo!
    Post Tagged with , ,
Comments are closed.