Temáticas das colonias de verán 2017 (1ª semana)

publicado en: Actividades, Mocidade, Noticias | 0

Desde a Concellaría de Mocidade entendemos e apostamos por as actividades de Ocio e Tempo libre como estratexias educativas que proporcionan a quen participa un ámbito educativo e lúdico, onde se traballan aspectos como o coñecemento, a convivencia, o traballo en equipo o desenvolvemento físico e emocional…

O Ocio e o tempo libre son conceptos asociados á idea de pracer e goce. Porén estas actividades asociadas a contornas de socialización e de relación, e organizadas e coordinadas por monitorado formado e preparado, tamén son espazos onde poñer en práctica tarefas de corresponsabilidade, onde fomentar o empoderamento da mocidade e favorecer unhas relacións  igualitarias e non sexistas.

Desde o Concello de Ribadeo defendemos a importancia destas actividades para contribuír ao desenvolvemento dos rapaces e rapazas.

As colonias de verán deste ano terán as seguintes temáticas:

Infantil: AVENTURA DE LER. O CONTO INFANTIL.

Na primeira semana: Traballamos con “O Monstro de cores” de Anna Llenas, cancións, xogo das emocións, emociómetro, bote da calma, experimento con cores, disfraces…

 

1º Grupo de Primaria: VIAXE POLO INVENTOS E DESCUBRIMENTOS DA HISTORIA.

Na primeira semana:  VIAXE POLA PREHISTORIA.

Contos:

  • A invención do Lume!!! falamos sobre o medo e a escuridade
  • A illa dos inventos. A importancia de coñecer ao compañeiro e a compañeira . educar en valores.
  • A invención da roda. 

Cancións,obradoiro dun automóvil, circuito de psicomotricidade, piscina, actividades deportivas, actividades acuáticas na praia e ximkana deportivas no cargadeiro.

 

2º Grupo de Primaria: SUPERAVENTURA EN RIBADEO.

Na primeira semana: ALIMENTACIÓN E DEPORTE.

Pantomimas alimentarias e video, divercociña, paintdart, piscina, actividades deportivas, stop-motion, actividades acuáticas na praia e ximkana deportiva no cargadeiro.

Compárteo!