“Ribadeo Emprende” programa para propiciar a cultura emprendedora da mocidade Ribadense

publicado en: Actividades, Mocidade | 0

As Concellerías de Desenvolvemento Local e Mocidade poñen en marcha o programa  “Ribadeo Emprende” no que se traballará a creatividade a innovación, a confianza e a motivación , o  aprendizaxe a través da colaboración e a creación de alianzas, a formación e o coñecemento, todas elas características para propiciar un emprendemento con éxito.

A  primeira actividade  “pecha kucha” será o día 22 de febreiro ás 20:00 h na Casa da Xuventude na que se presentarán iniciativas emprendedoras e que aúnan creatividade e desenvolvemento do territorio.

van participar nesta actividade experiencias empresariais como: Tenda Bar A modiño, Hola!Ola!, cervexería-Pizzería Pizzbur, servizos audiovisuais “El farero”. Forestal Monra e Chocolates Moreno.

nesta experiencia conxúganse 3 ingredientes importantes para propiciar o proceso de emprendementoFormación, Encontro e Motivación. Formación porque aprenderemos da experiencia dos emprendedor@s de Ribadeo que presentarán os seus casos, Encontro porque é unha reunión na que  se abrirán as portas ao coñecemento muturo entre as persoas e a crear posibles redes de traballo, e motivación colectiva, que tanto precisamos e que a través de condensar nunha horas varias experiencias positivas, gañamos confianza en que podemos facelo

pecha kucha

Compárteo!