O RIBADEO EMPRENDE, presenta a súa segunda actividade que terá lugar o vindeiro venres, día 22 de marzo na Casa da Mocidade, na sala sonda Norte, ás 20:30h. Ribadeo Emprende é un programa aberto organizado polas Concellarías de Mocidade e Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo, que pretende propiciar a cultura emprendedora entre a mocidade, pero non a calquer prezo, senón que queremos promover un clima capaz de crear as mellores condicións para que quén se anime a emprender, poda facelo da mellor maneira posible e teña unha maior garantía de éxito.
Esta segunda actividade será, un DEBATE ABERTO que tratará sobre o emprendemento posible e asumible , é decir áquel que busca unha baixa inversión inicial evitando aqueles custos fixos que normalmente dificultan especialmente os inicios .
Abordárase tamén cuestións que teñan que ver coa parte mala e boa do emprendemento e do autoemprego na mocidade, das dificultades que existen pero tamén das partes positivas que esto implica como a liberdade e a satisfacción , así como da oportunidade que as de que as novas iniciativas económicas podan ter un impacto social positivo representando unha oportunidade para o cambio social.
Para isto traeremos tres casos de emprendemento asumible como ferramenta de supervivencia no contexto actual pero ademáis para facelo dende o novo paradigma social ,aproveitando a posición emprendedora para plantear cambios de modelo: no social, no económico, nos obxectivos e no impacto positivos na sociedade, onde o beneficio social sexa o primeiro obxectivo pero compatible coa rendabilidade.
As nosas propostas de emprendemento:
–Mimadrinha , una emprendedora da Fisterra que aproveitou o seu saber facer e as novas tecnoloxías como unha oportunidade para emprender.
– Mau marela ; empresa de recente creación en Ribadeo que se presenta como Espazo de aprendizaxe e creatividade pedagóxica , e que aproveita o novo paradigma da educación onde a creatividade en un elemento importante a desenvolver á vez que atende as novas necesidades que xurden no eido da educación aportando valores e ideas diferenciáis.
O formigueiro, unha iniciativa Ribadense de cooperación social autoxestionada, un exemplo de que o emprendemento non ten porque ser necesariamente nha empresa, senón que pode ser unha acción colectiva que conleve unha innovación social de cara a solucionar un problema social que desde outras instancias non se está a resolver