• Resumo das actividades de verán 2015 do Concello de Ribadeo

    Un dos obxectivos das concellerias de Cultura, Mocidade e Deportes, que levan a cabo a través da OMIX, é o apoio ao desenvolvemento da actividade xuvenil, e máis concretamente a realización de programas de acción referidos á ocupación do Tempo Libre.

    Para acadar este obxectivo, púxose en marcha, un ano máis a tradicional campaña de verán, que vén recibindo unha enorme aceptación entre o nenos e nenas do noso Concello.

    Todo isto para atender as expectativas e responder aos intereses da xuventude no seu tempo libre, potenciando o traballo en equipo, a convivencia, a igualdade, a tolerancia e posibilitando o coñecemento do seu contorno próximo (ambiental e cultural), así como o doutras culturas, tradicións e costumes a través de experiencias novidosas e enriquecedoras, dentro do que se denomina ocio formativo.

    – COLONIAS para nen@s de 3 a 10 anos: (horario de 9 a 14 h.), do 29 de xuño ao 24 de xullo, que se realizaron no Colexio Gregorio Sanz.

    A temática destas colónias é : Ribadeo, un mar de aventuras!

    • 1º semana: os mistérios do mar.
    • 2º semana: piratas e corsários.
    • 3º semana: expedicións mariñas.
    • 4º semana: vikingos.

    O obxectivo é facilitar unha alternativa de ocio para os máis pequenos que potencie a cultura creativa, en igualdade, emprendedora entre os nenos e nenas, enfocándoos cara a condutas e actitudes de colaboración, cooperación, coordinación , crecemento identidade e autonomía persoal.

     

    DEPORTES: futbol , baloncesto 3×3 e beisbol. Do 6 ao 24 de xullo na praza de españa en horario de 10:30 a 13:30h.

     

    CAMPAMENTO TRADICIONAL “superheroes e superheroínas ! para nenos e nenas de 9 a 11 anos ( do 3 ao 10 de xullo) que se realizou nas instalación do Colexio Gregorio Sanz.

    O campamento ofrécelles aos nenos e nenas a posibilidade de vivir unha aventura e achegarse a este mundo e mostrarlle os aspectos mais humanos e positivos destes persoaxes. Para levala a cabo terán que facelo en equipo, convivindo e cooperandos entre eles/as. O que nos permite abordar de xeito práctico determinados contidos educativos que resultan fundamentais para o seu desenvolvemento como seres sociais como son a igualdade de Xénero, a tolerancia, a solidariedade, a multiculuralidade, a cultura da paz entre outros…

    CAMPAMENTO MULTIAVENTURA “Encoro de Cecebre” dirixido a nenos e nenas de 11 a 13 anos ( do 3 ao 10 de xullo) que se levou a cabo concretamente no Parque Natural de Abegondo-Cecebre.

    Neste marco incomparable desenvolveron o programa de actividades sendeiro: Granxa Escola. As actividades que se realizaron na granxa escola, complementaron a labor educativa da Educación Formal mediante un contacto directo coa natureza por parte dos nenos/as, sendo estes os seus principais beneficiarios/as.

    As actividades (obradorios, actividades deportivas e lúdicas: equitación, piraguismo, tiro con arco, rappel, tirolina, sendeirismo…) encamíñanse a disfrutar das actividades deportivas, recreativas e de ocio, fomentar o respecto e o coidado cara os animais e en xeral cara o medio ambiente, colaborar na elaboración de productos artesanais, desenvolver a sensibilidade e o respecto polas costumes do entorno rural e desenvolver o traballo en equipo e as relación interpersoais.

    Aquí vai un pequeno RESUMO FOTOGRÁFICO de todo o que fixeron e distrutaron os nos@s aventureir@s!!

    1º – 2º Primaria

    3º – 4º Primaria

    Infantil

     

    Campamento Ribadeo

    Campamento Abegondo

    Compárteo!
    Post Tagged with , ,
Comments are closed.