“Rachando inercias” presentarase en Ribadeo o vindeiro 8 de decembro

publicado en: Actividades, Igualdade, Sonda Norte | 0

Ás portas do aniversario de Sonda Norte, despois de 11 meses de iniciativas que non teñen fin, presentarase  o caderno “Rachando inercias”. Esta iniciativa ven xestándose desde hai meses, froito da colaboración entre o Centro de Información ás Mulleres e Sonda Norte. Once mozas ribadenses unen o seu potencial artístico neste caderno que leva por título “ Rachando inercias”. Un caderno exclusivamente femenino con traballos de autoras menores de 30 anos que se presentou no Mercado de Nadal celebrado en Ribadeo o pasado 8 de decembro.

As notas que caracterizan este iniciativa son impulsar e promover ás mozas creadoras, xa que ao igual que noutros eidos, as mulleres teñen máis dificultades de ter presenza no mundo artístico. Este caderno é unha simbiose entre o potencial da escrita destas autoras e a ilustración. Cada unha delas achegou unha foto ou ilustración e as outras mozas escribiron inspirándose  na mesma. Este caderno conta con traballos feitos en galego, porque ao igual que as mulleres é un idioma que se encontra en situación de inferioridade, e por eso decidiuse promover e potenciar ao galego mediante a escrita de todos os textos en galego.

Ademais contouse coa colaboración para este caderno da escritora consolidada Marica Campo. O seu coidado deseño corre a cargo dunha moza tamén sondanorteña, Xana Arias. O título Rachando inercias non ven máis que a salientar o que pretende o caderno, creadoras ribadenses xoves tentando rachar coas inercias que sitúan as mulleres e a lingua galega nunha situación de inferioridade.

Compárteo!