Somos a Concellaría da Mocidade do Concello de Ribadeo.

A responsabilidade política do traballo neste ámbito recae en Vanesa Yanes Rivas, concelleira da área de Mocidade.

Que queremos?

Queremos desenvolver proxectos que acheguen valor á vida dos mozos e das mozas do noso Concello: para aumentarmos a nosa autoestima, a nosa capacidade crítica e as nosas posibilidades de desenvolvemento persoal.

Queremos traballar con outros e outras, desde a creatividade, a formación, a proximidade, o diálogo e a suma de forzas, para máis e mellor sentido de veciñanza.

Queremos contribuír a abrir novas portas: que haxa máis opcións de vida, máis posibilidades de escolla. Para logralo, cómpre tirarmos algúns muros que impiden avanzar: desigualdades, prexuízos, descoñecementos, medos.

E todo isto querémolo intensamente, mais sen deixarmos por iso de ser humildes e realistas, conscientes de cal é a medida das nosas forzas.