Que facemos?

Servizos 

  1. Facilitamos información sobre a oferta de programas de lecer, tempo libre e formación que desenvolven para a mocidade as diferentes administracións.
  2. Ofrecemos apoio na busca de vivenda, na formación continua e na inserción laboral da mocidade de Ribadeo.
  3. Dámos información á mocidade en ámbitos como a sexualidade, as drogodependencias, a violencia de xénero, etc.
  4. Apoiamos a creación artística da mocidade ribadense.
  5. Favorecemos o coñecemento, a posta en valor e a difusión da historia, a memoria e o patrimonio de Ribadeo entre a mocidade.
  6. Apostamos pola sensibilización dos mozos e mozas na igualdade de xénero, na sostibilidade medioambiental e na diversidade cultural e lingüística.
  7. Prestamos apoio aos estudantes universitarios de Ribadeo.
  8. Xeramos, xunto con outros colectivos, alternativas de lecer e de ocio para a xente nova.
  9. Potenciamos a práctica deportiva xuvenil en Ribadeo.
  10. Orientamos a vontade de cooperación solidaria da xente nova cara as necesidades concretas que existen no noso Concello.
  11. Creamos novas fórmulas de mediación para detectar os desexos, as necesidades e os problemas da mocidade de Ribadeo.
  12. Impulsamos canles de interlocución e participación da mocidade en relación aos servizos e políticas do Concello.