• Os venres e sábados de novembro: a cantar e a contar con Patasdepeixe

    “A cantar e a contar con Patasdepeixe” é unha actividade máis que se suma ao obxectivo de facer de Ribadeo unha vila para a conciliación. É un programa onde se traballará con contos dunha forma dinámica e activa. A contacontos non se limitará a contar contos. Despois de cada conto farán unha toupiña, unha vaquiña, e incluso nalgúns casos farán pratos de comida baseados nos contos que leron.

    Patas de Peixe é unha editora independente que naceu en 2008 coa publicación de O incrible neno devorador de libros. O  obxectivo é publicar en galego obras fundamentais da literatura para persoas de pouca idade, para que todo aquel que se achegue a elas poida gozar coa lectura tanto coma coa edición.

    O calendario se tes entre 3 e 6 anos é o seguinte:

    • Venres 2 de novembro :  A toupiña e a primavera
    • Venres 9 de novembro: A toupiña e o verán
    • Venres 16 de novembro: A toupiña e o outono
    • Venres 23 de novembro: A toupiña e o inverno 
    Todas os venres ás 17.30 horas.
    Se tes máis de 6 anos:
    • Sábado 3 de novembro :  A vaca que puxo un ovo, con texto de Andy Cutbill e ilustracións de Russell Ayto.
    • Sábado 10 de novembro:  Na busca dun fogar , de Vivian Schwarzt e Alexis Bacon
    • Sábado 17 de novembro: O Incrible neno devorador de libros, álbum do irlandés Oliver Jeffers sobre como ler
    • Sábado 24 de novembro: Coidado, extratarrestres!! de  Benoit Jacques.
    *Todos os sábados ás 17.30 horas.
    Esta actividade está organizada polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) e a OMIX e conta co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
    Compárteo!
Comments are closed.