• Obradoiros e música en directo no “Ribadeo Player’s vol.02”

    Dan man na produción e o deseño de Jotacé Crea e coa colaboración de Sonda Norte celébrase este venres, 7 de setembro, o  “volume 2” do Ribadeo Player’s, un festival de música alternativo ás festas patronais de Ribadeo. “Trátase de fomentar a cultura musical de Ribadeo por norma xeral, aínda que participen tamén grupos de pobos e cidades veciñas establecendo así un xeito de intercambio e difusión para o ben de todos”, explica Jotacé.

    Na edición deste ano haberá dous espazos centrais que aglutinarán as diferentes actividades: o Cantón e máis o Rockuncho. A partires das 16.00 horas haberá no Cantón diferentes obradoiros e exhibicións: de graffiti, de break-dance, obradoiros para o público infantil e música a cargo de DJ Anti$tailo (Avilés) e máis os grupos K.A.O.S, Salvador, Fucking Nuclear Covers e Ginko. Diferentes estilos que amenizarán a tarde para deixar paso logo á música no Rockuncho a partires das 01.00 horas. No local ribadense actuarán Sempre se Fixo e DJ Pimp.

    Neste arquivo podes atopar toda a información do festival e máis material visual do mesmo.

    Compárteo!
    Post Tagged with , ,
Comments are closed.