O Ribadeo Mozo, un éxito de participación e de diversión

publicado en: Actividades, Mocidade | 0

O mes de xullo en Ribadeo está sendo apaixonante para a infancia. Se ben o venres remataba o programa Culturas do Mundo no que participaron arredor de 30 nenos e nenas de 1º e 2º de primaria, esta semana deu comezo o campamento Ribadeo a través da Arqueoloxía que dará entretemento a máis de 50 mozos e mozas de 9 a 13 anos. Será un programa intensivo desde a mañá á noite e no que participarán alumnos e alumnas do curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre que organizamos este ano desde Mocidade Ribadeo.
Desde a primeira semana de xullo e ata o día 27, @s máis peques contan tamén cun programa específico que está resultando verdadeiramente entretido e no que están participando arredor de 25 crianzas de 3 a 6 anos cada semana. Como podedes ver na foto, a chocolaterapia foi todo un éxito.
As actividades están tendo lugar no CEIP Gregorio Sanz, onde tamén pernoctarán @s maiores durante as próximas 12 noites.

Compárteo!