O Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta a súa axenda feminista para o 2013

publicado en: Sen categorizar | 0

Xa está lista a  Axenda Feminista 2013 do Observatorio da Mariña pola Igualdade baixo o título Escritoras Galegas. “Libre é a miña alma, e libre é o meu pensamento…”, dedicada este ano ás escritoras galegas e na que participan Teresa Moure, María Xosé Queizán, Begoña Caamaño, Aurora Marco, Marilar Aleixandre, María Reimóndez, María do Cebreiro, Carmen Blanco, Marta Dacosta, Marica Campo, Begoña Paz e a mariñá Eva Moreda.

As presentacións da Axenda Feminista 2013  que terán lugar en Viveiro, Ribadeo e Compostela:

Sábado 8 de decembro, ás 12.30h, na Libraría Porta da Vila de Viveiro (por confirmar a presenza de Carmen Blanco).

Sábado 8 de decembro, ás 20.30h, na Libraría Casa das Letras de Ribadeo (por confirmar a presenza de Carmen Blanco)

Venres 14 de decembro, ás 20.30h, na Libraría feminista Lila de Lilith en Compostela. Confirmada a presenza de Begoña Caamaño, Aurora Marco e Carmen Blanco. 

Se queredes máis información sobre a axenda ou os puntos de venta da mesma, podedes consultar na nosa web pinchando aquí. O prezo das axendas é de 10 euros.

Compárteo!