O curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre chega ao seu fin

publicado en: Actividades, Mocidade | 0

O 8 de xullo foi a última sesión do curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre que organizamos desde Mocidade Ribadeo e que tivo entretido ao alumnado durante todas as fins de semana desde o mes de abril. Foron 25 as persoas que participaron para a obtención do título en diversos módulos impartidos pola Escola de Tempo Libre Tempus Narón. Desde psicoloxía ata globoflexia pasando por animación, dramatización, aire libre… cada un deles tivo lugar nun contorno diferente e axeitado como a Casa da Xuventude, a Casa das Algas, o Albergue Xuvenil da Devesa, ou o IES Gamallo Fierros.
Desde o día 2, parte do alumnado está colaborando no desenvolvemento do Ribadeo Mozo, o programa de verán para a infancia que está tendo lugar no CEIP Gregorio Sanz cunha enorme acollida tanto por parte das nenas e dos nenos participantes como polas familias.
Foi, sen dúbida, unha experiencia intensa a do curso de tempo libre e cunha elevada demanda que esperamos nos permita poder repetilo o ano que vén.

 

Compárteo!