• O colectivo Sonda Norte pon en marcha a súa primeira exposición

     

    Unha cita que todos e todas estabades agardando. Sonda Norte dá un paso máis para presentarnos unha sala centrada fundamentalmente na ilustración e na banda deseñada feita en Ribadeo. Logo de varias semanas de traballo dedicadas á selección e á montaxe, a plataforma cultural estrea o primeiro andar da Casa da Xuventude cunha composición repleta de ilustracións de todo tipo e en múltiples formatos e soportes que reflicten o espírito Sonda Norte.

    É, sen dúbida, un resultado dos moitos posíbeis, pero que asume a flexibilidade e a diversidade como valores a ter en conta. Desde o finado Suso Peña ata a novísima Laura Rodríguez (Getafe-Madrid, 1994), todos comparten traxectoria vital na vila ribadense e amor polo lápis e o papel. Sexa como for, Sonda Norte está satisfeita con este traballo que, agarda, sexa útil na difusión do talento e da creatividade dos nosos artistas. A mostra estará instalada ata o 3 de agosto.

    Sala Sonda Norte está situada no primeiro andar da Casa da Xuventude, ao carón da Biblioteca Municipal.

    Reseñas das/os artistas.

     

    Compárteo!
    Post Tagged with , ,
Comments are closed.