• Nordés en popa e a toda vela o “Agosto Sonda Norte”

    O Agosto Sonda Norte vén complementando a programación cultural da vila desde a presentación de Mariñarte o día 10 de agosto, pero do que tamén forman parte a Exporock Ribadeo, varios obradoiros para grandes e pequenos, un RúaCital e algunhas outras sorpresas como a que se deu a coñecer estes días coa participación de varias bandas locais no Festival Rock Festas Patronais que terá lugar o 31 de agosto. É, sen dúbida, unha aposta que parte do talento e das ganas de moitos e moitas artistas ribadenses que queren acompañar os días de festa con arte e música.

    Ademais das exposicións que podedes visitar estes días no Forte de San Damián e na Casa da Xuventude, mañá xoves ao longo da tarde, Andrea Lombardía impartirá un obradoiro de creación con plastilina no Parque San Francisco. Outra cita importante será o 1 de setembro, día no que Sergio Irigoyen desenvolverá varios talleres de creación literaria. Do mesmo xeito, seguramente no marco das Festas Patronais, poderemos gozar cos versos de Silvia Murias e Víctor Villar, nun RúaCital acompañado pola guitarra de Héctor Peña.

    Compárteo!
    Post Tagged with , ,
Comments are closed.