PROPOSTA DO CONCELLO DE RIBADEO PARA A FORMACIÓN DO MONITORADO DE TEMPO LIBRE E EDUCADORES E EDUCADORAS
O OBXECTIVO DO CURSO É FOMENTAR O EMPREGO DE FERRAMENTAS EN LINGUA GALEGA NAS ACTIVIDADES DO MONITOR DE tEMPO LIBRE.
SÁBADO 5 DE OUTUBRO NA CASA DA XUVENTUDE
De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00
PRAZAS : 25
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: na Omix- casa da xuventude. 982129889
PARTICIPANTES: dirixido a persoas maiores de 18 anos, monitores e monitoras de tempo libre, educadores e educadoras, en xeral, que poidan aplicalos coñecementos e a experiencia na súa actividade diaria.
PREZO: GRATUITO
IMPARTIDO POR: FABALOBA.
WWW.FABALOBA.COM
Presentación e práctica con ferramentas e materiais en galego para o traballo con actividades:
-Musicais: Galeoke I e II e distintos discos de música infantil, presentación de páxinas web sobre música en galego…
-Danza, movemento e expresión corporal: Discos como Na punta de pé, webs como Orella Pendella…
-Expresión oral: Libros como Poemas no faiado para explicar as diferentes técnicas usadas na creación literaria infantil…
–Xogos populares: presentación de bilbliografía e na materiais na web.
–Tic e comunicacion: explicación do funcionamento de xogos como Komoko e outros materiais en CD e en liña
–Ilustración e BD: presentación de Como facer un cómic e outra bibliografía, e experiencias de aproveitamento en obradoiros.
Entregarase certificado de participación, con enumeración dos contidos impartidos
Prégase ás persoas participantes acudir con ordenador portátil ou outros soportes, xa que varios dos materiais empregados poden ser instalados nos seus equipos se desexan quedar con eles.