“Mocidade Ribadeo” estrea páxina web

publicado en: Noticias, Sociedade da Información | 0

Xavier Campos, responsábel do departamento de Mocidade, sinala que esta web “quere ser un espazo de escoita activa das inquedanzas e propostas da mocidade así como un marco para a promoción e a difusión dos proxectos desta”.

A web “Mocidade Ribadeo” é unha ferramenta máis para traballar dende a horizontalidade, coa participación directa da mocidade no desenvolvemento das actividades e a transversalidade, integrando proxectos relacionados coa cultura, o deporte, a igualdade, a sostenibilidade…

“Queremos convertir o site nun punto de encontro, un motor de iniciativas para tecer e sumar que nos permita, a través da rede e con todas cantas posibilidades aporta esta, seguir COdeseñando, COorganizando, Coproducindo que son os nosos piares de traballo dos vindeiros anos”, engadiu Xavier Campos.

A web vén complementar os perfís cos que conta a concellaría de Mocidade no Facebook (www.facebook.com/MocidadeRibadeo) e máis no Twitter (@MocidadeRibadeo) así como a propia páxina web do Concello de Ribadeo.

Compárteo!