• Marzo en lila.

    Desde ás áreas de Cultura, Igualdade e Mocidade levaranse a cabo unha serie de accións ao longo de todo o mes de marzo dirixidas á conmemorar o Día Internacional das Mulleres, o 8 de marzo.

     

     CONTACONTOS para infantil:

    Þ   7 de marzo : O Libro dos Porcos” de Anthony Browne

    o libro dos porcos

    O 2º curso do Ciclo Superior de Técnico en Educación Infantil, do CIFP Porta da Auga,  van desenvolver unha actividade complementaria á Formación do alumnado co galo da celebración do Día Internacional das Mulleres.

    A actividade consiste en realizar un CONTACONTOS  basado na igualdade de xénero.

    Dita actividade constará de

    1º. Contacontos: Trátase dun contacontos infantil na que se aborda o conto “O Libro dos Porcos” de Anthony Browne, no que dende un punto de vista non sexista as personaxes comprenden a importancia da igualdade de xénero e nos ensinan que todas e todos debemos ter as mesmas oportunidades.

    2º. Asemblea: A asemblea é unha parte importantísima dentro da escola, e un elemento imprescindible na concepción educativa da etapa Infantil actual. Constitúe un dos núcleos principais dunha metodoloxía activa e constructivista, onde se establecen cauces de comunicación entre as nenas e nenos e as educadoras e educadores. Aproveitando esta rutina, o noso alumnado traballará as ideas principais do conto e as realidades dos fogares das pequenas e pequenos desmontando moitos mitos adquiridos e facendo reflexionar a todas as cativas e cativos.

    3º. Xogos non sexistas: atendendo ás diferentes idades das pequenas e pequenos o alumnado deseñou xogos e/ou dinámicas onde afondarán  na realidade de xénero.

    4º. Conclusión: para finalizar a sesión e despedirnos.

    Temporalización:

    Ó  alumnado organizouse en parellas educativas, o que nos permite ofrecer esta actividade nunha única sesión de entre 50 e 60 minútos,  simultánea en cada aula de cada centro.

    Levaranse a cabo  12 sesións, seis   sesións no Colexio Público Gregorio Sanz e o resto no Colexio Sagrado Corazón repartidas nos seguintes tramos de idade:

    • 2 aulas de 3 anos
    • 2 aulas de 4 anos
    • 2 aulas de 5 anos

     

    Þ   20 de marzo:  “ O ratiño presumido”

     

    clip_image002

     

    “-O ratiño presumido”- a gran Lilí Gruyére ven de recibir un importante encargo

    profesional: a dirección do Musical” a ratiña Presumida”. Despois de reflexionar sobre os valores que transmite este conto decide facer a súa propia versión: “ o Ratiño  Presumido”, que será representado no coles  coa axuda  dos profesores e profesoras.

    Este contacontos será representado pola compañía tetral  Trinketrinke

    A duración aproximada é de 40 min.  Realizarase   o día 20 de Marzo:

    • Ás  10.00h  para todos os nenos e nenas de educación Infantil  do Colexio Público   Gregorio  Sanz
    • Ás 12.00h para todos os nenos e nenas de educación Infantil  do Colexio Sagrado Corazón de Xesús.

     

    Primaria: obradoiro de manexo e creación de espectáculo de títeres.

    Utilizarase o teatro entendido este como un instrumento de sensibilización e cambio social aplicado á educación en igualdade.

    A actividade consiste na creación por parte do alumnado participante  dun espectáculo propio de monicreques. O alumnado elaborará o propio espectáculo de monicreques, desde o deseño do guión, dos materias até a  representación final do mesmo.

    O guión versará sobre contidos en igualdade. Son sketchs teatrais breves que logo terán que representar.  Desta forma poden aprender, falar, discutir e avanzar  nos valores da igualdade e non discriminación hacía ás mulleres dunha forma amena, didáctica e  moi efectiva

    A última semana de marzo, do 24 ao 29 de marzo terán lugar estes obradoiros no 6º curso do Colexio Público Gregorio Sanz e no Colexio Sagrado Corazón de Xesús en dous grupos.

    CIDADANÍA:

    Obra de teatro o domingo 16 de  marzo noTeatro:    “ As do peixe”.

    as de peixe

    “ As do peixe” é  unha obra orixinal de Cándido Pazó que leva aos escenarios  a  compañía Abrapalabra Creacións Escénicas. A peza conta coa  dirección de Cristina Domínguez, a escenografía de Carlos Alonso e coas  actrices Mónica Camaño, Rocío González, Susana Dans  e Casilda Alfaro nos papeis protagonistas.

    ‘As do peixe’  é un viaxe a través da memoria, unha crónica das mulleres traballadoras da conserva, basada en  testemuñas reais da  vida nas fábricas a partir dos  anos setenta e contada desde o momento actual.

    Catro mulleres, Conchi, Begoña, Lisa e  Tere, reúnense periódicamente nun espazo público dedicado á memoria das conserveiras. Aquí tratan de rememorar  o seu pasado laboral e o  de tantas mulleres que, despois de que a fábrica de conservas máis importante da vila pechase, despois de moitas loitas  e  desenganos,  atopáronse sen traballo e sen posibilidades reais  de volver a recuperalo. A súa historia, e a  de moitas outras  mulleres das vilas mariñeiras que quedaron sen traballo, amosan unha realidade: o derrumbe dunha economía e  dunna maneira de vivir.

    Fecha:  Domingo 16 de marzo

    Lugar: Auditorio Municipal Hernán Naval

    Hora: 20.30h

    Prezos entradas:

    • 3,5€ para persoas desempregadas
    • 5€ para público en xeral
    Compárteo!
Comments are closed.