• Logo do seu éxito en Pontevedra Sonda Norte volve ás rúas de Ribadeo

    Logo da exposición de Mónica Justo ao longo do mes de novembro, Sonda Norte entra con forza no mes de decembro.

    O sábado día 1 Víctor Villar, Silvia Murias e Héctor Peña presentaron con forza a Sonda Norte no Culturgal de Pontevedra. Foi a través do famoso RÚACITAL, nun ambiente extraordinario e cun numeroso público. Do mesmo xeito, fixemos labores de comunicación con múltiples axentes da cultura galega repartindo un tríptico sobre a plataforma que deseñou Roberto Martínez para a ocasión, achegamos copia.

    Esta semana, no marco do Mercado do Nadal de Ribadeo, Sonda Norte volve a ocupar a axenda. Onte, Andrea Lombardía decorou varios escaparates da vila con motivos navideños. Hoxe pola tarde, Michimichiña, que estará nun dos postos do mercado, impartirá un obradoiro de complementos para a infancia arredor das seis da tarde na carpa situada en San Francisco. Mañá ás 19,30 horas, pase do RúaCital polas rúas do mercado a cargo de Víctor, Silvia e Héctor, e o sábado, presentación do caderno femininio Ranchado inercias, ás 18,30 horas. Todo dentro do Espazo creativo local Sonda Norte.

     

     

    Compárteo!
    Post Tagged with , ,
Comments are closed.