Laboratorio audiovisual

publicado en: Actividades, Mocidade | 0

Presentamos os traballos que fixeron  as rapazas e rapaces  do obradoiro «laboratorio audiovisual»

Durante unha  semana os rapaces e rapazas crearon  a súa propia animación de video utilizando a técnica do Stop Motion.

A cada grupo lanzouselle un reto sobre o que tiñan que crear unha historia, seguindo as seguintes fases:

  • Proposta de idea e creación do guión e do Storyboar
  • Creación do Set e Persoaxes
  • Gravación
  • Locución e montaxe.
  • Presentación dos proxectos audiovisuais

Os proxectos audiovisuais son un tipo de produción educativa que leva implícita unha carga de distintos significados: estéticos, comunicativos, sociais, éticos que conforman unha linguaxe propia no que aparece relectido o mundo no que vivimos. son eses signficados os que resultan de gran utilidade na educación xa que a través dos mesmos logramos potenciar unha serie de actitudes e valores fundamentais: o razoamento, a reflexión, o diálogo, aprender a ver doutro xeito.

Compárteo!