Exposición de Mónica Justo

publicado en: Actividades, Sonda Norte | 0

A Sala Sonda Norte da Casa da Xuventude é o escenario elixido pola pintora local Mónica Justo para amosar a súa primeira exposición.

Mónica Justo (Ribadeo,1976) comezou dende nova a amosar o seu interese polas artes plásticas. Cursa os seus estudos na escola de arte Ramón Falcón de Lugo.

Estará aberta dende este venres día 2 e até o 30 de novembro en horario de:

  • De luns a xoves: de 9.30 a 13.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas.
  • Os venres: de 9.30 a 13.30 horas.
  • Os sábados: de 12.00 a 14.00 horas.

A exposición conta co apoio do Concello de Ribadeo, o colectivo Sonda Norte e máis a área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

Compárteo!