• Deu comezo o “Café de Idiomas” na Casa da Xuventude

    Comezou a funcionar na Casa da Xuventude o “Café de Idiomas” cun primeiro grupo de conversa en lingua inglesa. Un encontro no que ti pos a conversa e nós poñemos o café e máis un petiscos doces para acompañar.

    Trátase dunha actividade impulsada desde a Concellaría de Mocidade e dirixida a todas as persoas interesadas en practicar de xeito informal e diferente linguas coma o inglés, francés, alemán, italiano, español ou galego. Neste primeiro grupo de lingua inglesa hai xa apuntadas 10 persoas. Nos vindeiros días comezará tamén a funcionar un grupo de conversa en italiano.

    Calquera lingua pode ser obxecto de que se poña en marcha un grupo de conversa informal, o único requisito é contar cun número mínimo de persoas interesadas en participar no mesmo.

    Para obter máis información do “Café de Idiomas” tan só tes que poñerte en contacto con nós na Casa da Xuventude, no Facebook, no Twitter ou ben a través do 982.129.889.

    Compárteo!
    Post Tagged with , ,
Comments are closed.