• Dá comezo a quinta edición de Mariñarte

    O Forte de San Damián abre as súas portas a unha nova edición de Mariñarte. Desta volta poderás atopar propostas artísticas de fotografía, pintura e animación coa sinatura de Nacho Riesco, David Catá, Adri Pardo, ElFarero, Maiteresa, Ánxela López Pulpeiro, David Ribas Pena e Andrea Lombardía.

    Está aberta ao público até o 26 de agosto en horario de 11,30 a 13,30 h. e de 18,30 a 20,30 h.

    Mariñarte está organizado pola delegación de cultura do Concello de Ribadeo coa colaboración do colectivo Sonda Norte e máis do departamento de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

    Compárteo!
    Post Tagged with , , ,
Comments are closed.