• Cursos: Monitor/a e Director/a de actividades de Tempo Libre

    A Concellería Mocidade oferta dous  cursos:
    MONITOR/A  DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE.
    DIRECTOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

    MONITOR DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE
    OBXECTIVO: proporcionar aos participantes a titulación oficial de Monitor/a de actividades de tempo libre expedida pola xunta de GALICIA-Dirección Xeral de Xuventude, e capacitar aos mesmos parta traballar em campamentos, ludotecas e empresas de tempol libre; á vez que se mellora a súa empregabilidade.

    DATOS DO CURSO:
    O curso realizarase nos meses de marzo, abril e maio na sala de xuntas do Pavillón Municipal de Ribadeo, en 20 sesións de 10 h (sábados e domingos) de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 H

    Programa docente: SEGUNDO O DECRETO 50/2000 QUE REGULA OS CURSOS DEMONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE OS contidos son de :
    200 H DE FORMACIÓN TEÓRICO –PRÁCTICA E 150 HORAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA.

    DESTINATARIOS/as. 25 prazas (min 18 prazas) para persoas maiores de idades, sendo necesario ter o título de EXB,ESO, FP ou equivalentes.

    COMEZO DO CURSO:  5 MARZO
    PREZO PÚBLICO DO CURSO: 170 €

     DIRECTOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

    OBXECTIVO: proporcionar aos participantes a titulación oficial de director/a de actividades de tempo libre expedida pola xunta de GALICIA-Dirección Xeral de Xuventude, e capacitar aos mesmos para a coordinación dun equipo de monitores e especialistas para a organización de atividades de animación sócio-cultural e recreativas, xa sexan de tempo libre urbano ou de natureza.

    DATOS DO CURSO:

    O curso realizarase nos meses de  marzo, abril e maio na casa de xuventude de Ribadeo, en sesións de 10 h (sábados e domingos) de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 H

    Programa docente: segundo o decreto 50/2000 que regula os cursos de director/a de actividades de tempo libre, os contidos son de:
    150 h de formación teórico –práctica e 150 horas de formación práctica.

    DESTINATARIOS/as. 25 prazas (min 18 prazas) . para poder matricularse neste curso requirese:
    a) Estar en posesión do título de Monitor/a de actividades de tempo libre.
    b) Posuir polo menos un título de ensino secundario.
    c)Acreditar unha experiencia de traballo como monitor no campo da educación/animación no tempo libre de, alomenos, 250 horas ou como integrante do equipo de animaciópn en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor.

    COMEZO DO CURSO: 5 DE MARZO

    PREZO PÚBLICO DO CURSO: 168 €

    para máis información: O.M.I.X

    Casa da Xuventude. Antonio Otero, 15.  telf. 982129889

    Compárteo!
Comments are closed.