Curso de monitor/a de actividades de Tempo Libre

publicado en: Actividades, Mocidade | 0

Do 16 ao 30 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre.

O curso terá una duración de 350 horas (200 horas lectivas + 150 horas de prácticas). A parte teórica impartirase durante os sábados e domingos. En horario de 9:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00 h.

O curso comezará o 16 de novembro

Datas do curso : 16, 17, 23, 24, 30 de novembro .1, 14, 15, 21 e 22 de decembro. 11, 12, 18, 19, 25 e 26  de xaneiro. 1, 2, 8, 9 de febreiro.

Para acadar o título de Monitor/a de tempo libre é obrigatorio asistir ao curso podendo faltar como máximo o 20% das horas.

O número de prazas é de 25. Para que o curso se leve a cabo será necesario cubrir un mínimo de 15 prazas.

PARTICIPACIÓN

O curso está destinado a rapaces e rapazas maiores de idade. Será obrigatorio:

Estar en posesión de, polo menos, algún dos seguintes títulos:

Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar ou equivalente.

Técnico/a auxiliar en formación profesional ou outro equivalente.

INSCRICIÓN DAS PERSOAS INTERESADAS.

A solicitude para inscribirse no Curso de Monitor/a de actividades de Tempo libre deberá cubrir a ficha de inscrición, unha fotocopia do D.N.I. , copia da titulación mínima, e unha fotografía en cor tamaño carné (ou fotocopia en cor).

As solicitudes será entregadas, na Casa da Xuventude sita na Rúa Antonio Otero,15.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

Se o número de solicitudes é maior que o número de prazas realizarse un sorteo  que terá lugar o día 4 de  novembro  ás 10:00 H. na OMIX.

PREZO E INSCRICIÓN.

150€ que cada participante ingresará na conta que o Concello ten na entidade:

Caixa Rural ES12 3070/0022/13/1138190028.

Facendo constar Nome, Apelidos do/a participante e Curso de Monitor/a de actividades de Tempo libre.    

PAGO DA INSCRICIÓN

As persoas que teñan a praza confirmada deberán facer efectivo o pago da inscrición, nos CINCO DÍAS seguintes laborables á publicación da Resolución da listaxe de admitidos.

O xustificante de pago presentarase, dentro do prazo marcado, nas oficinas DA CASA DA XUVENTUDE.

Para máis información en relación coa actividade, os interesados poden chamar ó teléfono 982129889  ou dirixirse á Casa da Xuventude (Rúa Antonio Otero,15 Ribadeo).

Compárteo!