• COMEZAN DE NOVO OS CAFÉS DE IDIOMAS

     

    café de idiomas

    Que é o café de idiomas?

    É unha proposta da Concellería de Mocidade de Ribadeo, pensada para practicar dun modo informal diferentes idiomas na nosa Casa da Xuventude.

    una vez á semana, durante unha hora, persoas interesadas en conversar e practicar unha  determinada lingua quedarán na Casa da xuventude para facelo de forma distendida, sen obrigas nin mestres ou mestras. A única  condición é que apeteteza, e sentirse libre para se expresar e facer entender polas outras persoas.

    xa que logo, o café de idiomas NON é un curso de linguas, o café de idiomas non ten profes. pola contra, o café de idimas é unha xuntanza informal semanal, que autoxestionan as persoas que nela participan, para falar do que cadre e poder, deste xeito, practicar unha determinada lingua.

    Cando e como se fai?

    Na Casa da Xuventude, martes e xoves pola tarde.

    os grupos crearanse cando hai ao menos 5 persoas interesadas. vós poñedes as palabras, e nós poñémosvos o espazo e máis o café! E a falar!

     

     

    Compárteo!
Comments are closed.