• Comeza o IV video-fórum “Mulleres no mundo” que organiza o Observatorio da Mariña pola Igualdade

    Esta semana comeza a IV edición do video-forum Mulleres no Mundo, organizado pola asociación feminista máis dinámica da contorna, o Observatorio da Mariña pola Igualdade en colaboración coa UNED e Radiofoz. O obxectivo é achegarlle á cidadanía mariñá e galega, mediante o cinema, a realidade vital de mulleres moi diversas pertencentes a ámbitos sociais e culturais moitas veces afastados e distantes. Tamén se pretende destacar que a discriminación de xénero é unha cuestión universal, que afecta a todas as mulleres do mundo. Ademais con esta actividade, poñénse en  valor as contribucións das mulleres aos distintos eidos do saber, destacando neste caso o traballo das directoras de cinema. 

    O video-forum  deste ano, a diferenza das anteriores edicións, non se centrará no cinema dun lugar xeográfico específico. Hai moita variedade, visionaranse películas realizadas en EE.UU, Líbano, Bosnia Herzegobina e Canadá e India. Como o ano pasado, repartiranse gratuítamente cafés e pastas entre as/os asistentes para axudar a crear un clima distendido no debate posterior ás proxeccións.

    Ao igual que todos os anos as sesións de Mulleres no Mundo estarán guiadas por persoas do  Observatorio e a metodoloxía consistirá en facer unha pequena presentación e contextualización do filme, realizar o visionado da película e, ao remate, iniciar o debate-reflexión guiado pola monitora. Os filmes deste ano son:

    •  8 de novembro: Criadas y Señoras. Dirección de Tate Taylor. EE.UU.
    • 15 de novembro: En el camino. Dirección de Jasmila Zbanic. Bosnia Herzegobina.
    • 22 de novembro: Fuego. Dirección de Deepa Mehta. Canadá/India.
    • 29 de novembro: ¿Y ahora a dónde vamos?. Dirección de Nadine Labaki. Líbano.

     

    Compárteo!
Comments are closed.