Comeza o ciclo de cine “Novelando a presión social” da AV “O Tesón”

publicado en: Actividades, Cultura | 0

Ao longo dos venres de novembro, a asociación de veciños “O Tesón” organiza un ciclo de cine-fórum baixo o título “Novelando a presión social” no que se amosan filmes que representan diferentes facetas de evolución da presión sobre e dende a sociedade.

O ciclo, en cada unha das catro semanas, terá o mesmo esquema de actuación: repartirase unha pequena introducción e comentarase, haberá o pase da película e logo o foro de comentario de ideas sobre o desenvolvemento da mesma e a evolución social.

Os filmes proxectaranse no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo durante os venres de novembro ás 20.00 horas. Os filmes elixidos son:

La ola ( Dennis Gansel, 2008)

Network ( Sidney Lumet, 1976)

Un mundo feliz ( Leslie Libman e Larry Williams, 1998)

O acorazado Potemkim ( Serguéi M. Eisenstein, 1925)

http://www.youtube.com/watch?v=afOp-55Rt3I

Compárteo!