Charla informativa: “Os bos e malos usos das TICs”

publicado en: Actividades, Mocidade | 0

Rapaciñ@sCHARLA INFORMATIVA:
OS BOS E MALOS USOS DAS TICs.”

(21 de outubro, de 19:30 a 20:30 h.,  na CASA DA XUVENTUDE)

DIRIXIDA A: Familias, docentes e nenos e nenas de 8 a 14 anos.

INSCRICIÓNS GRATUITAS NA CASA DA XUVENTUDE: 982 129 889/ 982 120 732

O Colexio Profesional de Enxenería en Informática de GALICIA (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica De Galicia (AMTEGA) prepara a “Xira Rapaciñ@s”.

Os bos e malos usos das TIC. Uns encontros para familias, docentes e nenos entre 8 a 14 anos co obxectivo de sensibilizalos e formalos acerca dos riscos dun mal emprego de internet, das redes sociais e dos dispositivos e tamen exponer en detalle os moitos beneficios que poden tirar dun uso axeitado destes recursos.

Familias e docentes atoparán información e recursos de interese, namentres os nenos e nenas adquiren hábitos seguros para navegar na Rede e desenvolvan a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros pensados para que se divirtan e aprendan.

Compárteo!