Celebra con nós o Samain!

publicado en: Actividades, Cultura | 0

Este primeiro de novembro queremos celebrar con todas e todos vós o Samain, unha festividade de orixe celta que ten ás cabazas como protagonistas. Por iso vos propoñemos unha actividade para todas as idades, a partires das 17.00 horas ,na sala municipal do Parque de San Francisco. Alí comezará un obradoiro de cabazas para os que precisaredes alén dunha cabaza un instrumento para cortala e outro para vaciala así como unha candea para acendela.

Logo do obradoiro faremos un percorrido polas rúas da vila e máis unha sesión de contos. Anímate!

Compárteo!