As actividades de Sonda Norte convértense nun éxito no marco do “Ribadeo Aberto”

publicado en: Actividades, Sonda Norte | 0

A do pasado venres foi unha noite especial. Ademais da decisión do comercio ribadense de abrir as súas portas até case entrada a media noite, Sonda Norte consolidou o seu compromiso co desenvolvemento local da vila, acompañando a iniciativa do “Ribadeo Aberto”.

Ao mediodía, Jotace comezou a súa pintada nun muro situado na rúa Ramón González para plasmar na parede o “Ribadeo Móvese” que, desde fai meses, vén sendo o lema do comercio local.

As seguintes citas déronse todas a partir das nove da noite, momento no que María Justo e as súas alumnas da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo bailaron ao son da música, tamén na rúa. As fotografías de Alba López tamén recorreron as paredes dalgúns comercios. Cousa curiosa a de proxectar fotos en plena rúa e máis cando tentan transmitir a necesidade de revelarse contra unha realidade social que nos afoga. Unha das actuacións estrela da tarde-noite, foi a do trío composto por Víctor Villar, Silvia Murias e Héctor Peña. Non pasou desapercibio o seu RúaCital que, desde as nove da noite sorprendeu coa letra e coa música de poemas e composicións melódicas.

Podes atopar máis info desta acción na web da plataforma cultural Sonda Norte 

Compárteo!