Amarante organiza en Ribadeo unha xornada de divulgación da economía solidaria

publicado en: Actividades | 0

O colectivo Amarante organiza unha xornada de divulgación da economía solidaria que terá lugar en Ribadeo o día 8 de decembro.

Amarante considera que existen unha serie de problemas sociais e ambientais que teñen a súa orixe nunha economía que coloca o capital financeiro no centro do sistema. Deste xeito, as persoas están ao servizo da economía e non ao contrario. Fronte a isto, xorden na actualidade diversas experiencias cuxo reto é crear estruturas económicas non excluíntes, non especulativas, onde a persoa e a contorna estean no centro do sistema, e a economía sexa un medio para acadar unhas condicións de vida dignas para todas as persoas. Con esta xornada pretenden pór sobre a mesa a Economía Solidaria e o Mercado Social como resposta a este sistema económico, social e político, inxusto e depredador. Debaterase tamén sobre a problemática da Débeda Soberana na Unión Europea. Para rematar a xornada, ás 23:00 horas contaremos coa actuación humorístico – teatral da “Pequena compañía dos nenos enormes”.

Para inscribirse cómpre enviar un correo electrónico ao enderezo: ribadeo@amarantesetem.org.

Programa da xornada.

Compárteo!