Aínda estás a tempo de participar no programa “Vacacións en paz 2013”

publicado en: Aviso | 0

Ata o vindeiro 30 de outubro as familias que o desexen poden formalizar no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadeo o acollemento de nenos e nenas saharauis durante o meses de verán do vindeiro ano.

As denominadas Vacacións en paz son un programa de acollemento familiar temporal, de nenos e nenas saharauis durante os meses de verán. E preséntanse nun marco de solidaridade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente ricas aos neos e nenas saharauis.

Segundo lembran desde a Concellaría de Servizos Sociais de Ribadeo os obxectivos do programa Vacacións en paz son: reivindicar o dereito dos nenos e nenas saharauis a vivir no Sahara Occidental e poñer de manifesto a situación na que realmente viven; facilitar asistencia médica e de alimentación; promover, entre a sociedade galega, os valores de tolerancia e solidaridade facilitando así a convivencia e integración de todas as persoas na comunidade; perfeccionar a aprendizaxe da lengua castelá e galega que estudan nos seus programas escolares; ofertar unha alternativa de ocio e tempo libre; e evitar a súa estancia nos campamentos do seu país durante os meses de xullo e agosto por teren que soportar temperaturas de máis de 50º.

Aquelas familias que estean interesadas en formalizar o acollemento dun destes menores deberán dirixirse aos Servizos Sociais municipais, sitos no auditorio municipal Hernán Naval ou ben chamando por teléfono ao 982 120 808 en horario de 8 a 15 horas, antes do vindeiro 30 de outubro.

Compárteo!