Actividades VERÁN 2019

publicado en: Actividades, Deportes, Igualdade, Mocidade | 0

Verán 2019A Concellería de Mocidade, a través da OMIX presentan un ano máis a Campaña de Actividades de Verán

Desde A concellaria de Mocidade  entendemos  e apostamos polas actividades de Ocio e Tempo libre como estratexias educativas que proporcionan a quen participa un ámbito educativo e lúdico, onde se traballan  aspectos como o coñecemento, a convivencia, o traballo en equipo o desenvolvemento físico e emocional.

O Ocio e o tempo libre son conceptos asociados á idea de pracer e disfrute. Porén estas actividades  asociadas a entornos de socialización e de relación, e organizadas e coordinadas por monitorado formado e preparado, tamén son espazos onde poñer en práctica tarefas de corresponsabilidade, onde fomentar o empoderamento da mocidade e favorecer unhas relacións  igualitarias e non sexistas.

 

COLONIAS DE VERÁN

Solicitude de prazas:  do 6 ao 15 de maio.

Sorteo de prazas:  29 de maio.

Prazo para presentar o xustificante de pago: 3 ao 14 xuño.

NENOS E NENAS DE INFANTIL.

  • Duración: 4 semanas do 1 ao 26 de xullo
  • HORARIO: 10:00 A 13:30 (programa madrugador  de 9:00 a 14:00 h.)
  • Lugar: Colexio Gregorio Sanz
  • Máximo de nen@s por semana: 40
  • Cota  30 € /semana.

Documentación a presentar: solicitude colonias, cuestionario saúde, autorización imaxes

NENOS e NENAS DE 1º E 2º CURSO DE PRIMARIA

  • Duración: 4 semanas do 1 ao 26 de xullo
  • Horario: de 10:00 a 13:30 (programa madrugador de 9:00 a 14:00 h.)
  • Lugar: Colexio Gregorio Sanz.
  • Máximo de nen@s por semana: 30
  • Cota : 30 €/semana

Documentación a presentar: solicitude colonias, cuestionario saúde, autorización imaxes, declaración responsable, fotocopia DNI e fotocopia de tarxeta sanitaria

NENOS e NENAS DE 3,4º,5º e 6º CURSO DE PRIMARIA.

  • Duración: 4 semanas do 1 de xullo ao 26 de xullo
  • Horario: de 10:00  a 13:30 (programa madrugador de  9:00 a 14:00 h,)
  • Lugar: Colexio Gregorio Sanz.
  • Máximo de nen@s por semana: 40
  • Cota : 30 €/semana 

Documentación a presentar: solicitude colonias, cuestionario saúde, autorización imaxes, declaración responsable, fotocopia DNI e fotocopia de tarxeta sanitaria

 

OBRADOIRO CAMIÑO VERDE: CAMIÑO DO RECICLAXE

Realización dun tramo do camiño recollendo elementos que atopemos para o finalizar a ruta realizar un obradoiro de reciclaxe.

Creación dun espazo/xardin con material reciclado na ára recreativa de Vilela

  • Data:  25 de xuño de 10:00 a 12:30
  • Participantes: nenos e nenas de 6 a 12 anos.
  • Prazas limitadas
  • Saida bus: 9:30 Escola de Música

 

OBRADOIRO CAMIÑO VERDE: BOTÁNICOS POR UN DÍA

Ruta dun tramo do camiño e creación dun espazo botánico de árbores frutais na carballeira de Vilela( plantación de árbores e elaboración de bombas de semilas)

  • Data: 27 de xuño de 9:30 a 12:30
  • Participantes: nenos e nenas de 6 a 12 anos.
  • Prazas limitadas.
  • Saída bus: 9:30 Escola de Música.

 

OBRADOIRO PULSEIRAS  DE MACRAMÉ 

  • Datas:8 ao 12 de xullo na Casa da Xuventude.
  • Participantes: nenas en nenos  a partir de 12 anos.
  • Horario: 11:00 a 12.30 h
  • Prazas limitadas por orde de inscrición.

 

PINTAMOS

Apoderamento feminista para mozas 

  • Datas: do 15 ao 19 de xullo.
  • Participantes: Nenas a partir de 12 anos.
  • Prazas limitadas por orde de inscrición.
  • Obradoiros: Análise critica  do sistema patriarcal (que son os estereotipos e os roles de xénero, concepto de violencias machistas, ferramentas de cambio..) luns,martes e mércores de 11.00 a 13:00 H.
  • Obradoiro Elaboración dun mural na rúa.
  • Xoves e venres 10:00 a 18:00 H

 

LABORATORIO AUDIOVISUAL 29 DE XULLO AO 2 DE AGOSTO

  • Horario: luns, martes, mércores e xoves de 9.00 a 14.00 e o venres  de 9.00 a 18.00 horas no C.E.I.P. Gregorio sanz
  • Participantes: nenos e nenas a partir de 12 anos
  • Prazas limitadas por orde de inscrición( teñen preferencia os rapeces e rapazas a partir de 14 anos.)

Os rapaces e rapazas crearán a súa propia animación de vídeo utilizando a técnica do Stop Motion. Durante toda a semana os rapaces e rapazas  por grupos, construirán os seus personaxes, o set de grabación e os distintos elementos que necesiten para crear o seu vídeo.

 

 

INFORMACIÓN E  INSCRICIÓNS PRESENCIAIS: OMIX Casa da Xuventude .

En todas as actividades terán preferencia os nenos e nenas empadroados ou escolarizados en Ribadeo.

Podedes descargar os impresos nos seguintes enlaces:

Solicitude colonias.pdf

 

Solicitude actividades.pdf

 

Cuestionario de saúde.pdf

 

Autorización imaxes.pdf

 

Declaración responsable.pdf
Compárteo!