ACTIVIDADES DE VERÁN- RIBADEO MOZO 2013

publicado en: Actividades, Cultura, Deportes, Mocidade | 0

cartel omix

As Concelleiras de Cultura e Mocidade E Deportes , a través da omix preparan un ano máis  a campaña  de actividades de verán, para favorecer que os nenos e nenas empreguen o seu tempo libre do verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo que serven no só para divertirse se non tamén para o enriquecemento persoal e vital.

Queremos que a campaña de Verán sexa un programa de actividades que teña lugar durante o mes de xullo e Agosto e estea composta por diferentes áreas de participación en función das idades dos nosos nenas e nenos.

CAMPAMENTO MINIS

Nenos e nenas  nados no 2004-2003 e 2002( 3º, 4º e 5º de  primaria).(50 PRAZAS)

Datas: do 2 ao 8 de xullo.xornada completa

Lugar: Colexio Gregorio Sanz

Prezo: 100 €

A dormida pola noite será opcional para os pequenos/as. Este ano disfrutaremos de tendas de campaña para durmir.

Actividades: xogos,obradoiros, veladas nocturnas e actividades lúdicas e recreativas

 

CAMPAMENTO  MAXI

Nenos e nenas nados anteriormente ao 2002 ( 5º, 6º e ESO )(50 PRAZAS)

Datas: do 10 ao 19  de xullo.xornada completa

Lugar: Colexio Gregorio Sanz

Prezo: 130 €

A dormida pola noite será opcional para os pequenos/as. Este ano disfrutaremos de tendas de campaña para durmir.

Actividades: xogos,obradoiros, veladas nocturnas e actividades lúdicas e recreativas

COLONIAS PARA OS NENOS E NENAS DE INFANTIL.

Duración: 4 semanas do 1 ao 26 de xullo.(podes anotarte nas semanas que precises)

HORARIO: 10:30 A 13:30 (con recollida  de 9:00 a 14:00 H.)

Lugar: Colexio Gregorio Sanz

Máximo de nen@s por semana: 30

Cota  20 € /semana.

Actividades: xogos,obradoiros,  e actividades lúdicas e recreativas

COLONIAS PARA OS NENOS  e NENAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA.

Duración: 4 semanas do 1 ao 26 de xullo (podes anotarte nas semanas que precises)

Horario: de 10:00  a 13:30 (con recollida de  9:00 a 14:00 h,) excepto un día por semana que será de xornada completa ata as 19:00 H

Lugar: Colexio Gregorio Sanz

Máximo de nen@s por semana: 30

Cota : 25 €/semana  

Actividades: xogos,obradoiros,  e actividades lúdicas e recreativas

TORNEO 3X3 FUTBOL E BALONCESTO

Destinatarios: nenos e nenas nados entre 1999-2006

Horario: 10:30- 13:30 h.

Datas: de luns a venres do 2 ao 19 de xullo.

Lugar: Praza de España.

Non fai falta inscrición.

 

E ADEMAIS……

24 DE DE XULLO: CHRISTIAN MAGIC: A CASIÑA DA MAXIA.20:00  NA RÚA SAN FRANCISCO.

9 DE AGOSTO:  PESDELÁN: NA PUNTA DO PÉ  ÁS 20:00 h NA RÚA SAN FRANCISCo

23 DE AGOSTO: MALABARANDA “ RESIDUO”  ÁS 20:00 H  NA RÚA  DE SAN FRANCISCO

20 DE SETEMBRO : CHARO PITA”BICOS DE LEITE” BIBLIOTECA MUNICIPAL 17:30h

Compárteo!