Aberta a matrícula das escolas deportivas municipais de verán

publicado en: Deportes, Noticias | 0

Xa está aberta na Casa da Xuventude a inscripción para as Escolas Deportivas Municipais que se van levar a cabo ao longo do verán.

Este ano preséntanse catro modalidades: pesca deportiva, surf, vela e piragüismo e están dirixidas a mozas e mozos nados entre 1997 e 2004.

Para apuntarvos tan só tendes que acudir á Casa da Xuventude, chamar ao teléfono 982.129.889 ou ben poñervos en contacto coa concellaría de deportes a través da súa páxina en Facebook: www.facebook.com/DeportesRibadeo. O prazo de inscripción remata ao comezo da actividade ou cando se esgoten as prazas dispoñíbeis. A cota de matrícula é de 40 euros.

O calendario das escolas é o seguinte:

  • Pesca deportiva: do 2 ao 28 de xullo. Luns, mércores e sábados de 10.00 a 14.00 horas. (15 prazas).
  • Surf: no mes de xuño será os martes, mércores e xoves de 16.00 a 18.00 horas. En xullo, do 2 ao 13, de luns a venres e de 16.00 a 18.00 horas. (20 prazas).
  • Piragüismo: xullo e agosto, os luns e mércores entre as 16.30 e as 19.00 horas. (20 prazas).
  • Vela: do 26 de maio ao 4 de agosto. Sábados de 10.00 a 14.00 horas ou de 16.00 a 20.00 horas. (15 prazas).

En todas as escolas con límite de prazas terán preferencia de matrícula aquelas mozas e mozos empadroados/escolarizados en Ribadeo.

 

Compárteo!