• Bota a camiñar un novo espazo da Concellaría de Mocidade na rede

    Recén acaba de saír do forno o site mocidade.ribadeo.org o novo espazo na rede da Concellaría de Mocidade do Concello de Ribadeo.

    Unha nova ferramenta de comunicación coas mozas e mozos que quere ser servir de complemento ao traballo diario que se desenvolve de xeito presencial na Casa da Xuventude ou ao que se realiza a través das redes sociais.

    Mocidade Ribadeo quere ser un espazo de escoita activa das túas inquedanzas e das túas propostas así como un marco para a promoción e a difusión dos teus proxectos.

    Unha ferramenta máis para traballar dende a horizontalidade, coa participación directa da mocidade no desenvolvemento das actividades, e a transversalidade, integrando proxectos relacionados coa cultura, o deporte, a igualdade, a sostenibilidade…

    Un punto de encontro, un motor de iniciativas para tecer e sumar que nos permita, a través da rede e con todas cantas posibilidades aporta esta, seguir COdeseñando, COorganizando, COproducindo, en definitiva, artellando proxectos CONtigo.

    Compárteo!
Comments are closed.